Axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo, ano 2014

O Diario Oficial de Galicia publica a Resolución do 14 de maio de 2014, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

O obxecto da presente resolución é a convocatoria e regulación do réxime de concesión de axudas económicas a aqueles traballadores que entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2013 se acolleran a unha redución da súa xornada de traballo para o coidado do seu fillo/a e de acordo co establecido no artigo 5 da resolución.

O outorgamento das axudas as que se refire esta convocatoria realizarase a través da modalidade de pagamento único e de forma continuada ata esgotar o crédito orzamentario consignado para estes efectos, segundo a orde de recepción de solicitudes

Estado de tramitación: 
Resolta
Colectivo: