01 de Xullo de 2013. O Diario Oficial de Galicia publica a Resolución do 19 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.
O obxecto da presente resolución é a convocatoria e regulación do réxime de concesión de axudas económicas a aqueles traballadores que entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2012 se acolleran a unha redución da súa xornada de traballo para o coidado do seu fillo/a e de acordo co establecido no artigo 5 da presente resolución.
O outorgamento das axudas as que se refire esta convocatoria realizarase a través da modalidade de pagamento único e de forma continuada ata esgotar o crédito orzamentario consignado para estes efectos, segundo a orde de recepción de solicitudes e baixo os principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.