Axuda económica para mulleres vítimas de violencia de xénero (Pagamento único - Lei integral)

O obxecto desta resolución é regular o procedemento por concesión directa da axuda económica de pagamento único prevista no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, dirixida ás mulleres vítimas de violencia de xénero que, residindo na Comunidade Autónoma de Galicia,
acrediten insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego.

Ademais dos requisitos xerais exixidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e segundo establece a normativa estatal, para ser beneficiaria do dereito á axuda económica, a muller vítima de violencia de xénero deberá reunir, na data de solicitude da axuda, os seguintes requisitos:

  • Ser muller, maior de idade ou emancipada.
  • Ter medidas de protección vixentes establecidas nunha orde de protección, informe do Ministerio Fiscal ou sentenza xudicial.
  • Ter especiais dificultades para obter un emprego, que se acreditará a través do Informe do Servizo Público de Emprego.
  • Carecer de rendas que, en cómputo mensual, superen o 75 por cento do salario mínimo interprofesional vixente, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.
  • Non ter percibida esta axuda con anterioridade.
Estado de tramitación: 
Resolta