Axuda de pago único e indemnizacións para mulleres vítimas de violencia de xénero. Ano 2014

Mércores, 23 de abril de 2014. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Resolución do 8 de maio de 2013 pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

O obxecto desta orde é establecer as bases, que se inclúen como anexo, que rexerán a concesión das axudas previstas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as ditas axudas para o ano 2013.

A finalidade das axudas establecidas na antedita lei orgánica é proporcionarlle apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero; a das indemnizacións previstas na lei galega é facer valer o dereito recoñecido por sentenza xudicial ditada por xulgados e tribunais con sede no territorio galego. 

O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de novembro de 2014 no caso da axuda establecida no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e o 31 de outubro de 2014 para a indemnización recollida no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

O importe desta axuda será, con carácter xeral, equivalente ao de seis meses do subsidio por desemprego vixente.
O importe desta axuda será equivalente a doce meses de subsidio por desemprego nos seguintes casos:

a) Cando a vítima teña a cargo un familiar ou menor acollido/a.
b) Cando a vítima, sen responsabilidades familiares, teña unha discapacidade igual ou 
superior ao 33 %.

1.3. O importe desta axuda será equivalente a dezaoito meses de subsidio por desemprego nos seguintes casos:
a) Cando a vítima teña ao seu cargo dous ou máis familiares ou menores acollidos/as, 
ou un familiar e un menor acollido/a.
b) Cando a vítima teña ao seu cargo un familiar ou menor acollido/a e unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ela ou a persoa dependente.

1.4. O importe desta axuda será equivalente a vinte e catro meses de subsidio por desemprego nos seguintes casos:
a) Cando a vítima teña ao seu cargo dous ou máis familiares ou menores acollidos/as, 
ou un familiar e un menor acollido/a e unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ela ou 
algunha das persoas dependentes.
b) Cando a vítima de violencia de xénero con responsabilidades familiares ou o familiar 
ou menor acollido/a con quen conviva teña recoñecido oficialmente un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
A contía máxima da indemnización establécese en 6.000 € por cada persoa beneficiaria.

Estado de tramitación: 
Resolta