Actualidade

Ex., 29-03-2024
Ex., 29-03-2024
  • A Xunta pon de relevo as medidas formativas e de responsabilidade social empresarial da Lei para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia
20/03/2024
A Xunta pon de relevo as medidas formativas e de responsabilidade social empresarial da Lei para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou esta tarde en Lugo na xornada ‘Lei para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia: emprego en igualdade’ organizada no marco do campus formativo da Xunta de igualdade laboral

Fixo fincapé na inclusión da perspectiva de xénero nas políticas activas emprego ou en todos os niveis do sistema educativo, no concepto de benestar laboral ou na nova Certificación Galega de Excelencia en Igualdade

  • Rivo compromete traballo inxente contra a violencia de xénero na entrega dos IV Premios Valedora do Pobo en materia de igualdade e dereitos das mulleres
20/03/2024
Rivo compromete traballo inxente contra a violencia de xénero na entrega dos IV Premios Valedora do Pobo en materia de igualdade e dereitos das mulleres

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, tivo unha lembranza na súa intervención para Andrea, última vítima da violencia machista, sinalando que o Goberno galego non cesará no seu empeño ata erradicar esta lacra

Recoñecendo as propostas galardoadas polo seu labor, precisamente, para avanzar na loita contra a violencia fronte ás mulleres confiou en que as novas xeracións son claves para incidir na prevención desde idades temperás

A Xunta vén mantendo un traballo conxunto coas tres universidades públicas galegas -colaboradoras coa Valedora do Pobo nestes premios- para desenvolver accións enmarcadas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

  • A Xunta pon de relevo os máis de 60 proxectos atendidos no Polo de emprendemento de Mondoñedo dos que un 56% están impulsados por mulleres
20/03/2024
A Xunta pon de relevo os máis de 60 proxectos atendidos no Polo de emprendemento de Mondoñedo dos que un 56% están impulsados por mulleres

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou no evento ‘Como ter un Google Business Profile excelente’ organizado desde o Polo mindoniense

Salientou que a provincia de Lugo aglutina máis de de 350 iniciativas asesoradas pola Rede de polos, entre as que destacan as relacionadas coa hostalaría

  • A secretaria xeral da Igualdade participa no curso ‘Muller e saúde’ programado polo CIM de Ortigueira
19/03/2024
A secretaria xeral da Igualdade participa no curso ‘Muller e saúde’ programado polo CIM de Ortigueira

Trátase da última das iniciativas promovidas desde este Centro de Información á Muller -que forma parte da Rede de 84 CIM espallados por toda Galicia- polo Día da Muller