A Xunta promove o talento feminino e impulsa a presenza da muller nas disciplinas de ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas

Multimedia

A Xunta promove o talento feminino e impulsa a presenza da muller nas disciplinas de ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas

Vigo, 1 de febreiro de 2024.-

O secretario xeral técnico da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Alberto Fuentes, participou hoxe no acto de inauguración da exposición itinerante Mujeres ingenieras de éxito, organizada pola Asociación de Enxeñeiros Técnicos Industriais e Graduados en Enxeñería da rama industrial de Pontevedra e polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo.

A mostra, emprazada ata o vindeiro 14 de febreiro no salón de actos da sede do campus da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo, é un proxecto que nace para promover a presenza de mulleres nas disciplinas STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas), xa que o talento feminino e o potencial creativo da muller resulta clave para a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico empresarial e da sociedade. A Xunta a través do programa Ti Elixes fomenta a coeducación e a eliminación de prexuízos na elección de ciclos de Formación Profesional con menor presenza de mulleres; e este ano impulsará a presenza de mulleres en sectores fortemente masculinizados con incentivos que superarán os 2 millóns de euros.