A Xunta participa na constitución da mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero de Santa Comba

O obxectivo principal destas mesas é procurar unha maior eficacia e coordinación de todos os axentes implicados na loita contra a violencia de xénero a nivel municipal

  •  A Xunta participa na constitución da mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero de Santa Comba
  •  A Xunta participa na constitución da mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero de Santa Comba

Santa Comba (A Coruña), 16 de maio de 2019.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na constitución da Mesa local de coordinación interinstitucional do concello de Santa Comba

Un dos obxectivo principais destas mesas é procurar unha maior eficacia e coordinación de todos os axentes implicados na loita contra a violencia de xénero a nivel municipal. É competencia dos poderes públicos establecer medidas de sensibilización, asesoramento, atención e protección das mulleres vítimas. Por iso, resulta fundamental coordinar todos os recursos e esforzos dispoñibles para garantir unha mellor atención e erradicar esta lacra.

Máis polo miúdo, as Mesas locais de coordinación contra a violencia de xénero perseguen a mellora da detección precoz de casos de violencia de xénero; optimizar a coordinación dos axentes implicados na loita contra a violencia de xénero; ofrecer unha atención e unha resposta áxil ás vítimas de violencia; mellorar a protección ás vítimas de alto risco; e informar e sensibilizar na materia tanto a profesionais como á poboación en xeral.
Por iso, no transcurso da reunión desta mañá, abordáronse entre outras cuestións os obxectivos e funcións destes organismo e as actuacións que se desenvolverán de cara á mellora da coordinación. Ademais, a Secretaria Xeral da Igualdade deu conta das medidas que se están a levar a cabo dentro do Pacto do Estado contra a violencia de xénero, entre as que destacou a quenda de garda psicolóxica e a quenda de garda social que se activa en sede policial.

Tema: