A Xunta incide na inserción da perspectiva de xénero nas aulas no congreso escolar polas igualdades do IES Maruxa Mallo de Ordes

  •  A Xunta incide na inserción da perspectiva de xénero nas aulas no congreso escolar polas igualdades do IES Maruxa Mallo de Ordes
  •  A Xunta incide na inserción da perspectiva de xénero nas aulas no congreso escolar polas igualdades do IES Maruxa Mallo de Ordes

Ordes (A Coruña), 26 de marzo de 2021.-

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inaugurou esta mañá ao II Congreso escolar polas Igualdades organizado polo IES Maruxa Mallo de Ordes onde referendou, unha vez máis, o compromiso da Xunta na consolidación dun sistema educativo que teña a igualdade de oportunidades como un dos seus piares máis fortes.

A Xunta considera prioritario o traballo desde a base acabar cos estereotipos de xénero, sempre desde o respecto e a educación en valores. A coeducación ou a prevención da violencia de xénero debe abordarse, a xuízo de López Abella, desde unha perspectiva estrutural, integral e transversal, con implicación de toda a comunidade educativa. Para a secretaria xeral, a igualdade de oportunidades ten que ser o punto de partida e para iso Galicia conta co Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia que sirve como referencia para levar a perspectiva de xénero á actividade docente.

Tema: