A Xunta financia a iniciativa de concienciación contra a violencia de xénero da Asociación Mulleres en Igualdade de Tui

O delegado territorial participou nunha das iniciativas levadas a cabo por esta entidade de voluntarias

A achega permitirá editar dous libros que serán repartidos polos centros escolares da contorna, ademais de fomentar a igualdade e o autocoidado a través das redes sociais

  • A Xunta financia a iniciativa de concienciación contra a violencia de xénero da Asociación Mulleres en Igualdade de Tui

Tui, 23 de novembro de 2023.-

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o CRA Mestre Clara Torres, onde puido comprobar o traballo que está a realizar a Asociación Mulleres en Igualdade de Tui grazas á axuda outorgada pola Xunta.

En concreto, esta asociación empregou os máis de 5.000 euros investidos polo goberno autonómico na edición de dous libros que están a ser repartidos polos centros escolares da contorna e cos que pretenden sensibilizar ao alumnado en cuestións de xénero. As historias, adaptadas ás idades e ás necesidades dos nenos e nenas fomentan valores como a igualdade, a independencia e o compañeirismo.

Reguera quixo agradecer persoalmente o traballo das voluntarias desta asociación que “traballan desinteresadamente para que os nosos mozos e mozas poidan vivir nun mundo mellor, máis libre e igualitario”.

O delegado territorial tamén tivo a oportunidade de entregar algúns dos exemplares aos nenos e nenas do CRA Mestra Clara Torres. A achega da Xunta permite ademais á asociación continuar coas súas labores de difusión e concienciación a través das redes sociais co proxecto “Redes de Igualdade” que partilla as experiencias de mulleres galegas célebres e fomenta o autocoidado.