A Xunta entrega aos centros educativos galegos os premios do concurso de imaxes e audiovisuais do 25 de novembro

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar entregaron esta mañá aos rapaces e rapazas gañadores os premios do concurso

En Imaxe gráfica, os primeiros premios recaeron no IES Moncho Valcarce de As Pontes e no IES de Melide

No apartado de pezas audiovisuais, os gañadores foron o IES Vilalonga de Sanxenxo e o IES María Soliño de Cangas do Morrazo

Os segundos premios foron para centros educativos de Vilalba, Pontevedra, Mugardos e Ribeira

  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar entregaron esta mañá aos rapaces e rapazas gañadores os premios do concurso
  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar entregaron esta mañá aos rapaces e rapazas gañadores os premios do concurso
  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar entregaron esta mañá aos rapaces e rapazas gañadores os premios do concurso
  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar entregaron esta mañá aos rapaces e rapazas gañadores os premios do concurso

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2018.-O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, entregaron esta mañá aos rapaces e rapazas gañadores os premios do concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda comezou felicitando non só aos premiados senón a todos os que participaron no concurso, que foron un total de 50 centros educativos galegos e que ademais presentaron traballos de gran calidade, no que amosan que a loita contra a violencia de xénero está moi presente nas súas aulas, na súa educación e que avanzamos na concienciación dende os máis pequenos para loitar contra esta lacra.
O obxectivo do concurso é promover a reflexión sobre a loita contra a violencia de xénero dentro dos centros educativos de Galicia, a través dunha acción que fomente a participación cidadá no rexeitamento público e frontal contra a violencia machista, e sensibilizar sobre a importancia de valores como o respecto e a igualdade entre mulleres e homes.

Pola súa banda a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, felicitou aos gañadores polo esforzo, o talento e o traballo en equipo que reflicten as creacións galardoadas neste I Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais contra a violencia de xénero; así como aos docentes que serviron de guía, a quen animou a seguir promovendo “a reflexión sobre a loita contra a violencia de xénero dentro dos centros educativos”.

Pomar subliñou a importancia de sensibilizar sobre os valores do respecto e a igualdade entre mulleres e homes desde todos os eidos da sociedade e, especialmente, desde o educativo. Neste senso lembrou que o departamento que dirixe puxo en marcha iniciativas concretas como o impulso da formación do profesorado en materia de igualdade e a implantación das materias de libre configuración autonómica “Igualdade de xénero” e “Coeducación para o século XX” a través das cales nas aulas se traballa a non discriminación por sexo e a corresponsabilidade.

Gañadores do concurso

O concurso estaba dividido en dúas categorías: a primeira, para o alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO); e a 2ª, para alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato.

No apartado de imaxe gráfica os primeiros premios recaeron no IES Moncho Valcarce de As Pontes para a 1ª Categoría e no IES de Melide para a 2ª Categoría. Os segundos premios de imaxe gráfica recaeron no CEIP Monseivane de Vilalba e no IES Sánchez Cantón de Pontevedra.

No apartado de peza audiovisual os primeiros premios foron para o IES Vilalonga de Sanxenxo e para o IES María Soliño de Cangas do Morrazo. Os segundos premios de pezas audiovisuais foron gañadores o CEIP Santiago Apóstolo, de Mugardos e o Colexio Galaxia de Ribeira.

O xurado composto polos integrantes da Comisión asesora de publicidade non sexista, a Secretaría Xeral da Igualdade, e a Consellería de Educación fallou os premios do concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais, convocado pola Secretaría xeral da Igualdade e pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero.