O acordo permitirá un ano máis prestar apoio a mulleres, menores e os seus familiares para axudarlles no proceso de recuperación
A iniciativa tamén inclúe asistencia a homes que desexan reconducir as súas actitudes violentas no ámbito familiar a través do programa Abramos o círculo que contou en 2021 coa participación de 136 homes
Entre 2009 e 2021 beneficiáronse desta actuación 9.663 persoas: 6.007 mulleres, 2.155 menores, 349 persoas da contorna familiar das vítimas e 1.152 homes
Con medidas como esta, a Xunta tenta mellorar a resposta que desde as institucións se proporciona ás vítimas da violencia de xénero, coa finalidade de ofertarlles recursos terapéuticos que lles axuden a afrontar a situación e contribúan a reforzar a súa autoestima. A atención psicolóxica, neste sentido, resulta fundamental para a recuperación e adquisición de habilidades que lles permitan a estas persoas lograr a autonomía e a integración na vida social e laboral e rachar coa situación de violencia.
A inicitiva enmárcase no Pacto de Estado contra a violencia de xénero e na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.