A Xunta destaca o traballo coas universidades na promoción da igualdade desde as aulas e coa xente moza

  • A Xunta destaca o traballo coas universidades na promoción da igualdade desde as aulas e coa xente moza
  • A Xunta destaca o traballo coas universidades na promoción da igualdade desde as aulas e coa xente moza
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2022.-
 
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo hoxe en Santiago de Compostela unha xuntanza coas tres representantes das oficinas para a Igualdade das universidades galegas co fin de coordinar actuacións para mellorar a formación en materia de igualdade e a loita contra a violencia de xénero. Ao seu remate, a secretaria xeral puxo en valor a importancia da coordinación entre a Xunta e estas entidades na promoción da igualdade desde as aulas e da loita contra a violencia de xénero entre a xente máis moza.
 
Ademais da secretaria xeral, no encontro de hoxe tomaron parte Eva Aguayo Lorenzo, directora da oficina de igualdade da Universidade de Santiago; Águeda Gómez Suárez, directora da unidade da Universidade de Vigo e María José Abad López, subdirectora da Universidade da Coruña. Tanto a representante da Xunta como as das tres entidades académicas sentaron as bases de futuras colaboracións e reforzaron o seu compromiso de establecer canles de coordinación e de intercambio de información en materias vencelladas coa muller, a eliminación de estereotipos de xénero, a igualdade e a loita contra a violencia de xénero.
 
Tema: