A Xunta destaca na escola de verán Eduardo Pondal de Ponteceso a importancia da conciliación para acadar a igualdade real

Multimedia

A Xunta destaca na escola de verán Eduardo Pondal de Ponteceso a importancia da conciliación para acadar a igualdade real
Ponteceso (A Coruña), 4 de agosto de 2021.-
 
Susana López Abella, secretaria xeral da Igualdade, visitou hoxe a escola de verán Eduardo Pondal na localidade de Ponteceso (A Coruña), onde puido coñecer de primeira man a actividade desenvolta por unha iniciativa referente a nivel galego no fomento da cultura no rural. Nela, nenas e nenos de municipios como Cabana de Bergantiños, Ponteceso, Laxe e Malpica, desfrutan de obradoiros, contacontos e xornadas en familia.
 
A secretaria xeral destacou o enfoque prioritario que o Goberno galego dá a dous eidos, o do medio rural e a conciliación, que son á súa vez dúas áreas de traballo de especial relevancia no camiño á igualdade, xa que favorecen o equilibrio entre traballo, os coidados e tempo libre e no que a Xunta inviste este ano ata 1,4 millóns de euros na convocatoria de axudas para promover a conciliación e a loita contra a violencia de xénero no ámbito local.