A Xunta destaca a colaboración coa USC para crear contornas de aprendizaxe inclusivas e igualitarias que sensibilizan á mocidade contra as violencias

  • A Xunta destaca a colaboración coa USC para crear contornas de aprendizaxe inclusivas e igualitarias que sensibilizan á mocidade contra as violencias
  • A Xunta destaca a colaboración coa USC para crear contornas de aprendizaxe inclusivas e igualitarias que sensibilizan á mocidade contra as violencias

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2023.-

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, participou no acto conmemorativo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) co gallo do Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, onde puxo en valor a colaboración entre o Goberno autonómico e esta entidade académica na promoción dunha contorna de aprendizaxe inclusivo e igualitario e na sensibilización das persoas mozas contras as violencias que afectan á muller.

“A Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela traballan xuntos no seu fondo compromiso contra a violencia de xénero e coa igualdade”, remarcou Vázquez. A secretaria xeral destacou que ambas as dúas institucións levan anos colaborando no desenvolvemento de medidas incluídas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero no eido da prevención de condutas machistas e violentas en todas as etapas educativas, na realización de estudios sobre o impacto do acoso ou das agresións e a través da formación permanente ao profesorado, entre outras.