A Xunta de Galicia apoia a programación cultural do bicentenario do nacemento de Concepción Arenal

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López, e o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistiron á presentación do avance das actividades organizadas pola Universidade de Santiago

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López, e o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistiron á sesión de avance das actividades que a Universidade de Santiago levará a cabo con motivo do bicentenario do nacemento de Concepción Arenal o vindeiro 31 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2020.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López, e o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistiron á sesión de avance das actividades que a Universidade de Santiago levará a cabo con motivo do bicentenario do nacemento de Concepción Arenal o vindeiro 31 de xaneiro.

Trátase dunha programación conxunta que divulgará a figura da autora a través de diversas actividades que aglutinan coñecemento e ocio. Deste xeito, en vindeiras datas inaugurarase unha exposición sobre Concepción Arenal como pensadora, o que permitirá coñecer as múltiples facetas que desenvolveu durante a súa vía e contextualizala na súa época e contexto.

Así mesmo, organizarase un congreso que abordará a súa vida desde unha perspectiva interdisciplinar, a través de enfoques xurídicos, sociolóxicos, literarios, históricos e pedagóxicos. Neste sentido, poderán abordarse temas que foron obxecto da súa incesante actividade como a incorporación das mulleres á vida pública e á educación, a mellora dos cárceres e do Dereito penitenciario, así como das condicións de vida das persoas máis desfavorecidas.

No marco da celebración do bicentenario, programaranse tamén tres concertos entre os meses de setembro e novembro: un para voz e piano, interpretado pola soprano Teresa Novoa; outro para piano, a cargo de Alicia González, e un terceiro para piano e violín, interpretado por Florian Vlashi, que tocará co violín de Andrés Gaos do século XVIII. O criterio na selección do repertorio estará guiado pola relación de diversos compositores coa escritora ferrolá, de xeito que poderán escoitarse obras de Marcial del Adalid, Juan Montes ou Andrés Gaos, entre outros.

Esta programación tamén prevé a celebración do premio de investigación Concepción Arenal, un ciclo de conferencias no que participen persoas especialistas na súa figura en colaboración con foros cidadás e actividades en centros penitenciarios.

Tema: