A Xunta apoia na comarca de Santiago a 8 entidades de iniciativa social na atención a mulleres de especial vulnerabilidade cun orzamento de 168.000€

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade financia proxectos de atención personalizada e especializada para mulleres vítimas de violencia de xénero, de explotación sexual-laboral, inmigrantes, emigrantes retornadas ou refuxiadas e ex-reclusas, entre outras

As entidades reciben como máximo un apoio de ata 40.000 euros

  • A Xunta apoia na comarca de Santiago a 8 entidades de iniciativa social na atención a mulleres de especial vulnerabilidade cun orzamento de 168.000€
  • A Xunta apoia na comarca de Santiago a 8 entidades de iniciativa social na atención a mulleres de especial vulnerabilidade cun orzamento de 168.000€
  • A Xunta apoia na comarca de Santiago a 8 entidades de iniciativa social na atención a mulleres de especial vulnerabilidade cun orzamento de 168.000€

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2022.-

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá a sede da Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia – FEAFES Galicia, unha das beneficiarias das axudas dirixidas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a posta en marcha de programas destinados á atención das mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

Durante a visita Trenor destacou que na convocatoria deste ano oito entidades de Santiago recibiron estas axudas cun orzamento de máis de 168.000 euros para poñer en marcha programas de apoio a mulleres vulnerables que suman máis de 234.000 euros.

O delegado da Xunta destacou que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade inviste nesta orde, en concreto, preto dun 1,4 millóns de euros para apoiar a 59 entidades en Galicia. A través destas axudas financiaranse os gastos derivados da realización do programa, referidos a custos directos de persoal, outros custos directos e custos indirectos, sendo a contía máxima que se pode conceder a cada entidade de 40.000 euros.

Os proxectos que a Xunta financia a través desta iniciativa están enfocados a atender ás mulleres en situación social, persoal ou económica de risco. Teñen esta consideración as mulleres vítimas de violencia de xénero; de explotación sexual-laboral; inmigrantes, emigrantes retornadas ou refuxiadas, pertencentes a unha minoría étnica ou reclusas, ex-reclusas, mulleres embarazadas ou lactantes sen apoio familiar ou sen recursos e inactivas ou desempregadas de longa duración ou con discapacidade, entre outros colectivos vulnerables e, polo tanto, merecedores dunha especial atención por parte da Administración. Na convocatoria de 2022, como novidade, permítese a compatibilidade destas axudas con outras que reciban as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro.

Ao abeiro desta convocatoria fináncianse programas que acollan recursos integrais específicos para mulleres de colectivos vulnerables e en situación de xestación ou lactancia con fillos ou fillas menores de tres anos dirixidos a promover o seu desenvolvemento vital e a súa autonomía económica e afectiva, co obxectivo de corrixir que unha situación desexable poida converterse nun factor de exclusión.

Outros dos eixos de interese para o Goberno galego e cubertos por estas axudas son aqueles relacionados cos coidados e o acompañamento. Trátanse de aquelas iniciativas de atencións personalizada e especializada para as mulleres dos colectivos mencionados que precisen atención psicolóxica, asesoramento xurídico, mediación e adquisición de habilidades persoais e orientación laboral. É de especial relevancia nestes impulsos, asemade, ter en conta a desigualdade social que sofre a muller respecto do home, polo que os proxectos que veñen de acadar a axuda autonómica deben ter en conta a concienciación na igualdade co obxecto de mellorar as expectativas persoais, sociais e laborais das mulleres de cara a súa integración, sendo outro dos afáns a mellora da súa empregabilidade, xa que este eido, o do traballo, é un dos puntais onde a loita contra a discriminación faise máis patente e, ao mesmo tempo, unha das vías, a da independencia económica, que garante a emancipación feminina.

O abano temporal que recolle a cobertura dos gastos da execución dos programas será o comprendido entre o 1 de outubro de 2021 e o 31 de agosto de 2022, ambos inclusive.

Este programa de axudas permitiu desde 2009 e ata 2021, grazas a un investimento de máis de 13,5 millóns de euros, o apoio ao ano de entre 3.500 e 4.000 mulleres de media.

Tema: