A Xunta anima a sumar esforzos para potenciar o empoderamento das mulleres con discapacidade

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe nunha webinar de Cermi Galicia sobre muller e discapacidade

Puxo en valor a necesidade de traballar na sensibilización social, na formación inclusiva, na investigación e na xeración de programas e servizos específicos

  • A Xunta anima a sumar esforzos para potenciar o empoderamento das mulleres con discapacidade
  • A Xunta anima a sumar esforzos para potenciar o empoderamento das mulleres con discapacidade

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2021.-

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe por videoconferencia na apertura dunha webinar organizada por Cermi Galicia sobre muller e discapacidade con motivo do Día Internacional da Muller, na que incidiu na suma de esforzos en favor do seu empoderamento.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, apostou por que as administracións, os profesionais, o tecido asociativo e a sociedade no seu conxunto “sumen esforzos para promover o empoderamento das mulleres con discapacidade e fomentar así a súa participación social e inclusión plena”.

No marco da videoconferencia organizada por Cermi Galicia, baixo o título Mulleres con e sen discapacidade coidadoras, a titular de Igualdade fixo fincapé nos esforzos da Xunta para contribuír á formación da cidadanía na inclusión e na xeración de programas específicos que promovan os autocoidados.

Ademais da secretaria xeral, asistiu á xornada o presidente de Cermi Galicia, Luciano Fernández Pintor; e a responsable da Comisión da Muller desta entidade, Dolores Venancio.

López Abella aproveitou a súa intervención para poñer en valor na súa intervención o papel das mulleres con discapacidade que son coidadoras por medio da experiencia relatada en primeira persoa por mulleres referentes nesta materia nas súas respectivas entidades.

A Xunta, nas súas actuación en materia de igualdade destinadas ás mulleres con diversidade funcional, incide en catro eixos específicos que así aparecen recollidos último informe sobre Muller e Discapacidade elaborado polo Consello Galego das Mulleres: a sensibilización social -para concienciar sobre as capacidades destas mulleres-; a formación da cidadanía na inclusión e comunicación coas persoas con discapacidade; a investigación -para mellorar o coñecemento da súa realidade-; e a xeración de servizos e programas específicos que promovan o seu empoderamento e autocoidados.

En Galicia un elevado o número de mulleres con discapacidade viven soas e teñen dificultades para a mobilidade dentro e fóra do seu fogar. Ademais, a maior lonxevidade das mulleres está ligada coa discapacidade e supón un desequilibrio ascendente de xénero. De aí que a secretaria xeral de Igualdade chamase a atención sobre a necesidade de cubrir as demandas das mulleres maiores con discapacidade.

No campo laboral, López Abella subliñou a necesidade de o impulsar e consolidar os programas con itinerarios personalizados para facilitar a inserción laboral das mulleres con discapacidade xa que, como deixou constancia o informe sobre Muller e Discapacidade, a precariedade laboral neste ámbito, require da adecuación específica dos programas de capacitación.