Trenor entregou 484 chalecos reflectantes ás socias da asociación de mulleres rurais Terra de Melide Alecrín-Telecentro Clun

O delegado da Xunta fixo fincapé na importancia de que os veciños, fundamentalmente das zonas máis rurais, se familiaricen co uso desta peza que pode salvar vidas

Multimedia

 Trenor entregou 484 chalecos reflectantes ás socias da asociación de mulleres rurais Terra de Melide Alecrín-Telecentro Clun

Melide (A Coruña), 25 de marzo de 2021.-

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou esta tarde asociación de mulleres rurais Terra de Melide Alecrín-Telecentro Clun para facer entrega de 485 chalecos reflectores para as súas asociadas que lles permitirán facer rutas de sendeirismo e andainas con maior seguridade.

O delegado da Xunta destacou que o Goberno galego segue traballando na sensibilización e na concienciación, sobre todo, dos usuarios máis vulnerables das estradas. Así, estas pezas distribuídas hoxe axudan a previr e evitar atropelos.

Ademais, fixo fincapé na importancia de que os veciños, fundamentalmente das zonas máis rurais de Galicia, se familiaricen co uso desta peza que pode salvar vidas se se usan cada vez que se transite pola beira dunha estrada.

Neste sentido apuntou que este tipo de actos teñen que ir acompañados de condutas responsables por parte de todos os usuarios das estradas, polo que fai falta respectar as normas de circulación, velar pola propia seguridade e pola dos demais.