A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, clausura a xornada e incide no VI Plan Galego para a Igualdade entre mulleres e homes
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, clausurou a xornada, versando sobre a necesidade de aumentar a visibilización da muller na xestión empresarial e en tódolos ámbitos da sociedade, para conseguir un maior aproveitamento do talento feminino. López Abella sinalou que as claves do cambio son a formación, o traballo, a toma de decisións equilibradas e a discriminación positiva.
Na mesma liña, López Abella referiuse ao VI Plan Galego para a Igualdade entre mulleres e homes, que tenta potenciar unha participación máis ampla das mulleres no desenvolvemento económico e social de Galicia, aproveitando o talento, a experiencia e a visión deste valioso capital humano para fomentar unha organización empresarial máis comprometida coa igualdade de xénero.