A secretaria xeral da Igualdade avoga polo reforzo da atención ás vítimas de trata sexual

  •  A secretaria xeral da Igualdade avoga polo reforzo da atención ás vítimas de trata sexual
  •  A secretaria xeral da Igualdade avoga polo reforzo da atención ás vítimas de trata sexual

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2020.-

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inaugurou esta mañá as IX Xornadas da Rede Galega contra a Trata Sexual que se celebran este ano co tema A prostitución: unha forma de violencia de xénero. López Abella afirmou o compromiso da Administración autonómica na loita contra a trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual. A Xunta continuará co reforzamento dos mecanismos de atención, apoio e información ás vítimas, da colaboración e da coordinación institucional e co terceiro sector.

A xornadas, que este ano se celebran en modalidade virtual, pretenden afondar na elaboración un plan de continxencia contra a violencia machista ante a crise derivada da covid-19 e o seu impacto real no día a día así como a importancia da intervención do traballo social sanitario durante a pandemia.