López Abella destaca a forte aposta da Xunta pola muller emprendedora grazas ao Programa Emega

Desde 2009 a Xunta investiu 4,1 millóns de euros no Programa Emega na promoción da igualdade no eido laboral e o apoio directo ao emprendemento feminino

  • A secretaria Xeral da Igualdade Susana López Abella participou hoxe na mesa redonda “Emprendemento en feminino”
  • A secretaria Xeral da Igualdade Susana López Abella participou hoxe na mesa redonda “Emprendemento en feminino”
  • A secretaria Xeral da Igualdade Susana López Abella participou hoxe na mesa redonda “Emprendemento en feminino”

Bergondo (A Coruña), 23 de setembro de 2014.- A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella destacou hoxe a forte aposta do Goberno galego pola muller emprendedora, no marco dunha mesa redonda sobre o emprendemento en feminino. 

A titular de Igualdade destacou que a Xunta leva a cabo varias accións de apoio ao emprendemento feminino, como son o Programa Emega que ten coma obxetivo dar apoio económico ao emprendemento feminino e á consolidación de proxectos empresariais liderados por mulleres como medio adecuado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral.

O programa Emega comprende as liñas Emprende, destinada á posta en marcha de novas empresas, a liña Innnova para a promoción de melloras en empresas lideradas por mulleres; a liña Activa que busca a reactivación e consolidación de proxectos empresariais; e a liña Concilia que é un programa de apoio á conciliación da vida laboral; e este ano, creouse unha nova liña, a Itef, que se centra na axuda para a posta en 
marcha de iniciativas empresariais de base tecnolóxica.

Dende o ano 2009 só no Programa Emega, a Secretaría Xeral da Igualdade investiu 4,1 millóns de euros en promoción da igualdad no ámbito laboral e o apoio directo ao fomento do emprendemento feminino. 

A secretaria Xeral de Igualdade Susana López Abella participou hoxe na mesa redonda “Emprendemento en feminino” xunto á presidenta de AMPEA, Asociación de Mujeres Profesionales y Empresarias de Álava. Julia Liberal, a presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes, e a vicepresidenta de AMPAGA e directiva de AJE VIGO, Susana Pérez Iglesias, que tivo lugar hoxe no Pazo de Mariñán dentro da V Convención de Presidentes, Directivos e Xerentes de asociacións.