O delegado territorial da Xunta clausurou esta mañá o proxecto EnRedes no CPR Plurilingüe Santa Teresa de Jesús de Ourense

Gabriel Alén sinala ao traballo na prevención como unha das solucións para poñer fin á violencia contra as mulleres

O proxecto EnRedes enmárcase -sinalou Gabriel Alén- dentro das actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, apoiadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia

O delegado territorial destacou que a Xunta de Galicia, por medio do Observatorio Galego da Violencia de Xénero, “segue na acción de loita contra este problema e quere animar a todas as galegas e galegos a tomar conciencia pública co único obxectivo de acadar unha sociedade libre de violencia”

Neste proxecto encabezado pola Federación de ANPAs de colexios privados e concertados de Ourense participaron máis de 400 alumnos e alumnas, impartíronse 8 charlas informativas e o manual didáctico foi remitido as ANPAs asociadas dos 15 centros educativos que imparten o ciclo da ESO

Realizáronse actividades de información dentro da aula e preparouse ao alumnado para a realización de 6 programas de radio nas emisoras locais COPE, Radio Ourense e ONDA CERO

  • Gabriel Alén sinala ao traballo na prevención como unha das solucións para poñer fin á violencia contra as mulleres
  • Gabriel Alén sinala ao traballo na prevención como unha das solucións para poñer fin á violencia contra as mulleres
  • Gabriel Alén sinala ao traballo na prevención como unha das solucións para poñer fin á violencia contra as mulleres
  • Gabriel Alén sinala ao traballo na prevención como unha das solucións para poñer fin á violencia contra as mulleres
  • Gabriel Alén sinala ao traballo na prevención como unha das solucións para poñer fin á violencia contra as mulleres

Ourense, 23 de novembro de 2023.-

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá no acto de clausura do proxecto EnRedes, que se desenvolveu no CPR Plurilingüe Santa Teresa de Jesús de Ourense, organizado pola Federación de Anpas de Colexios Privados e Concertados de Ourense e co apoio da Secretaria Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

O delegado territorial destacou que poñer fin á violencia contra as mulleres e as súas fillas e fillos, así como aos seus familiares máis achegados, é un obxectivo irrenunciable e prioritario. A Xunta de Galicia, por medio do Observatorio Galego da Violencia de Xénero, -continuou o delegado territorial- “segue na acción de loita contra este problema e quere animar a todas as galegas e galegos a tomar conciencia pública co único obxectivo de acadar unha sociedade libre de violencia”.

Gabriel Alén alertou que “o seu impacto pode ser inmediato como de longo alcance, e inclúe múltiples consecuencias físicas, sexuais, psicolóxicas, e mesmo mortais, para mulleres e nenas”. “Afecta negativamente ao benestar das mulleres e impide a súa plena participación na sociedade” -recalcou Gabriel Alén-. Ademais de ter consecuencias negativas para as mulleres, a violencia tamén impacta na súa familia e comunidade; e sentenciou que “unha das solucións radica en gran parte en respostas sólidas que invistan na prevención”.

O proxecto EnRedes enmárcase -sinalou Gabriel Alén- dentro das actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, subvencionadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Ourense.

Proxecto EnRedes

EnRedes 2023 é un proxecto posto en marcha pola Federación de AMPAS de Colexios Concertados de Ourense, co apoio da Secretaria Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia que dá continuidade ao proxecto Enredes 2022, desenvolvido durante o curso 22-23.

Por segundo ano consecutivo, desenvolveuse nos centros educativos vinculados á Federación, coa finalidade de realizar actividades de promoción da igualdade para previr a violencia de xénero entre familias e alumnado de colexios privados e concertados da cidade de Ourense.

A Federación de Anpas de colexios privados e concertados de Ourense reúne a 15 anpas de 15 centros escolares de Ourense, das que forman parte ou están asociadas máis de 3.600 familias.

No proxecto EnRedes, destinando a promover a igualdade, participaron máis de 400 alumnos e alumnas de 1º ou 2º da ESO e desenvolveuse nos meses de outubro e novembro. Realizáronse actividades de información dentro da aula e preparouse ao alumnado para a realización de 6 programas de radio nas emisoras locais COPE, Radio Ourense e ONDA CERO, onde se estableceu un diálogo coa Administración no que participaron por parte da Xunta, o delegado territorial, Gabriel Alén, e o xefe territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Yago Borrajo.

O proxecto, aliñado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, empregou metodoloxías activas e participativas como a de aprendizaxe-servizo, desenvolveu o pensamento crítico do alumnado e puxo en valor a radio como medio de aprendizaxe para fomentar a creatividade, a imaxinación, e o traballo cooperativo.