O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, salientou o apoio do Goberno galego con 1.267.901,40 a 68 concellos da provincia de Ourense no desenvolvemento de programas orientados a favorecer a igualdade entre mulleres e homes, fomentar a conciliación e a corresponsabilidade e para financiar o labor dos Centros de Información á Muller (CIM) como recursos de proximidade
No programa “Río Concilia 2023: Coeducación e sostibilidade” participaron un total de 40 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos e no programa #VeránCorresponsable de Larouco participaron 30 nenos e nenas dos 3 aos 12 anos
Para Gabriel Alén este tipo de iniciativas forman parte da prioridade da Xunta de incrementar as oportunidades laborais das galegas e galegos, sobre todo, daqueles que teñen máis dificultades para acceder ao mercado laboral
No programa Río Concilia 2023: Coeducación e sostibilidade participaron un total de 40 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos que desenvolveron actividades lúdico-deportivas como fútbol, piscina e xogos tradicionais; animación á lectura, teatro e contacontos; diversas manualidades como debuxo, pintura e reciclaxe e xogos coeducativos.
No Campamento de Verán de Larouco participaron 30 nenos e nenas dos 3 aos 12 anos que desenvolveron obradoiros e actividades artísticas; tarefas de natureza e medio ambiente; deportes e xogos populares; deportes e xogos populares e actividades de expresión corporal e teatro.