O titular do Goberno galego asistiu hoxe ao acto de celebración do vixésimo aniversario de Alar Galicia

Feijóo salienta a importancia da alianza "intensa e leal" entre as administracións e as entidades sociais para lograr a inclusión sociolaboral das persoas desfavorecidas

Di que o compromiso e a vocación de servir do tecido social galego multiplican o efecto dos máis de 1.200 millóns que a Xunta dedica ás políticas sociais, á igualdade entre homes e mulleres e a garantir a dignidade a través do traballo

Asevera que o emprego é a mellor política social, se ben recorda que a Comunidade conta con outras liñas de apoio como a Risga; as máis de 1.000 Axudas de inclusión social que se concederon neste ano, ou a Tarxeta Básica

Resalta que no mes de abril Galicia volve a situarse como a comunidade coa maior baixada de paro, máis do 5,5%, cando a media de España non chega ao 1% de baixada

  • Feijóo salienta a importancia da alianza "intensa e leal" entre as administracións e as entidades sociais para lograr a inclusión sociolaboral das persoas desfavorecidas

Lugo, 5 de maio de 2021.-

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a importancia da alianza “intensa e leal” entre as administracións e as entidades sociais para lograr a inclusión sociolaboral das persoas desfavorecidas. Nesta liña, referiuse, durante o acto de celebración do seu vixésimo aniversario, ao traballo que está a desenvolver Alar Galicia; unha labor que, segundo dixo, realza e amplifica o que se fai desde os servizos públicos.

“O voso compromiso, a vosa ilusión e a vosa vocación de servir multiplican o efecto dos máis de 1.200 millóns de euros que a Xunta dedica ás políticas sociais, á igualdade entre homes e mulleres e a garantir a dignidade a través do traballo”, afirmou, incidindo en que, con esta cifra récord, o Executivo autonómico responde a un esforzo do tecido social que tamén é de récord, especialmente nos momentos nos que máis se necesita.

Ao longo da súa intervención, Feijóo aseverou que o emprego é a mellor política social, se ben recordou que a Comunidade conta con outras liñas de apoio como a Risga, que perciben 8.300 galegos; as máis de 1.000 Axudas de inclusión social que se concederon neste ano; ou a Tarxeta Básica, da que xa se expediron máis de 29.000 unidades.

Ademais do traballo que desenvolven os profesionais de Alar Galicia con menores de idade que proveñen de familias desestruturadas, con persoas en risco de pobreza ou inmigrantes e con adolescentes que presentan condutas sexistas ou violentas; Feijóo quixo resaltar, tamén, a traxectoria dos galardoados: do centro de menores Santo Anxo de Rábade, comprometido con que os pequenos en situación de desprotección fagan unha transición á idade adulta nunha contorna segura; do departamento de orientación do IES Xoán Montes, xa que en todos os centros educativos de Galicia se axuda cada día a moitos rapaces a atopar o seu camiño; e de Aspnais, “en cuxo centro ocupacional moitos mozos descubriron que as súas capacidades desbordan con moito á súa discapacidade”.

Feijóo aproveitou o acto para valorar os últimos datos do paro, que confirman que Galicia é a comunidade cunha maior baixada do desemprego no último ano. “Estamos a falar dunha baixada de case un 11%, mentres que en España o paro subiu un 2%”, precisou, ao tempo que engadiu que en Galicia hai hoxe 20.800 persoas máis traballando.

Así mesmo, resaltou que no mes de abril Galicia volve a situarse como a comunidade coa maior baixada de paro, máis do 5,5%, cando a media de España non chega ao 1% de baixada.