Feijóo garante, a pesar da crise, o compromiso da Xunta para alcanzar a igualdade plena e destaca a publicación hoxe no DOG do Programa Emega 2012, un paquete de axudas para apoiar ás mulleres emprendedoras e con iniciativas a prol da conciliación

Asegura que "non abonda con recoñecer a gran lección que nos deron aqueles que provocaron o rexurdimento feminino" e avoga por traballar para darlle continuidade

"Se hai un 60% de mulleres na universidade, pero só o 10% chegan a postos de decisión é que aínda hai moito camiño que percorrer. Se a presenza da muller nos consellos de administración representa o 6 por cento e menos do 3 en postos de alta dirección é que aínda queda moito por facer", sentencia

Reitera que tamén a Xunta se sente responsable no camiño que resta para alcanzar a igualdade plena de mulleres e homes e salienta que o espírito a prol da igualdade segue vivo en Galicia

  • Feijóo garante, a pesar da crise, o compromiso da Xunta para alcanzar a igualdade plena e destaca a publicación hoxe no DOG do Programa Emega 2012, un paquete de axudas para apoiar ás mulleres emprendedoras e con iniciativas a prol da conciliación

Santiago, 22 de maio de 2012.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, garantiu, esta mañá, a pesar da crise, o compromiso da Xunta para alcanzar a igualdade plena de mulleres e homes, e destacou a publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia do Programa Emega 2012, un paquete de axudas para apoiar ás mulleres que decidan emprender un novo negocio ou ampliar o que xa teñen en marcha; e que ademais este ano inclúe a novidade de que se apoiarán tamén iniciativas a prol da conciliación, "conscientes como somos de que unha das principais necesidade das mulleres é poder ter máis fácil compatibilizar o seu traballo coa súa vida familiar".

Deste xeito, Feijóo afirmou, durante a celebración da xornada Muller e liderado, que Galicia non quere pertencer a esa categoría de pobos que concibe a igualdade como unha materia accesoria en tempos de crise. "Ao contrario, nestes tempos de desacougo, non podemos permitirnos o luxo de relegar ás mulleres a un papel secundario. É máis preciso ca nunca outorgar ao emprego feminino un carácter prioritario, tal e como figura no Acordo Social que asinamos coa patronal galega e os sindicatos galegos".

Logo de lembrar a aquelas persoas que derrubaron o muro que durante séculos escondeu o protagonismo feminino; que abriron ás mulleres por primeira vez as portas da universidade, da empresa e da política; e a aquelas persoas que se propuxeron pasar dun pasado no que as mulleres estaban relegadas aos espazos máis estreitos, a un futuro no que puidesen atopar unha canle adecuada para todas as súas inquietudes e as súas lexítimas aspiracións; o responsable autonómico salientou que "non abonda con recoñecer a gran lección que nos deron aqueles que provocaron o rexurdimento feminino, senón que ademais habemos traballar para darlle continuidade".

"Basta con botar unha ollada ás estatísticas para darse conta de que o seu labor, aínda que extraordinario, está inconcluso. Se hai un 60% de mulleres na universidade, pero só o 10% chegan a postos de decisión é que aínda hai moito camiño que percorrer. Se a presenza da muller nos consellos de administración representa o 6 por cento e menos do 3 en postos de alta dirección é que aínda queda moito por facer", asegurou, ao que engadiu que o espírito a prol da igualdade segue vivo en Galicia.

Feijóo subliñou así que, ese espírito que dá sentido a estas xornadas non se produce en solitario; "tamén a Xunta –reiterou- se sente responsable no camiño que resta para alcanzar a igualdade plena de mulleres e homes, a igualdade real, a igualdade normal entre mulleres e homes". E resaltou que o Goberno galego "comprende e comparte" as aspiracións destas xornadas; "e ademais queremos ser partícipes delas".