A Federación de Autónomos de Galicia valora positivamente o VI Plan de igualdade do Goberno galego

A secretaria xeral de Igualdade mantivo hoxe unha xuntanza con representantes da Federación de Autónomos de Galicia

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo hoxe unha xuntanza con representantes da Federación de Autónomos de Galicia (Feaga)
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo hoxe unha xuntanza con representantes da Federación de Autónomos de Galicia (Feaga)
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo hoxe unha xuntanza con representantes da Federación de Autónomos de Galicia (Feaga)

Santiago, 23 de abril de 2013. A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, mantivo hoxe unha xuntanza con representantes da Federación de Autónomos de Galicia (Feaga), que valoraron moi positivamente dous dos eixos do VI Plan de Igualdade aprobado polo goberno galego no mes de febreiro.

López Abella reuniuse co presidente da Federación, Francisco Javier Pérez, ca secretaria xeral, Paloma Sobrino, e ca tesoreira da Federación, Rosa Mª Triay. Ademais Paloma Sobrino, é a presidenta de Ampaga, a Asociación de mulleres profesionais e autónomas de Galicia, que destacou que dous dos eixos do VI Plan galego para a Igualdade de mulleres e homes, como o eixe adicado ao Aproveitamento do talento feminino e o eixo da Conciliación corresponsable e calidade de vida son de especial relevancia.

A Federación de Autónomos de Galicia leva traballando 20 anos dende a súa constitución co obxectivo de loitar pola defensa, promoción e dignificación do Traballador e a Traballadora Autónomos, así como desenvolver, potenciar e concienciar, coa súa presenza dentro do colectivo social. A Federación de Autónomos de Galicia está integrada por máis de 50 asociacións sectoriais e comarcais, que representan non seu conxunto a máis de 50.000 autónomos e autónomas de toda Galicia.

Segundo os datos do IGE do mes de marzo, en Galicia hai 212.889 persoas autónomas, 123.003 homes autónomos (o 57,77%) e 89.886 mulleres autónomas (o 42,22%). Por provincias é a da Coruña a que ten maior número de mulleres autónomas de Galicia, 36.777, seguida de Pontevedra con 26.933, Lugo con 16.024 e Ourense con 10.152.
Ademais os responsables da Federación presentaron as accións de difusión que levarán a cabo para promover a Igualdade entre mulleres e homes.

Tema: 
Colectivo: