A Cidade da Cultura acolle do 3 ao 4 de setembro a segunda edición do atopo Mulleres e Cultura Urbana con actividades para público novo e familiar

A iniciativa conta con financiamento da Xunta de Galicia a través do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22 e está promovido por 7 H Cooperativa Cultural

Inclúe dúas xornadas de análises, exhibición e creación artística colectiva en clave de xénero con propostas de grafiti, música ou baile de baile previa inscrición

  •  A Cidade da Cultura acolle do 3 ao 4 de setembro a segunda edición do atopo Mulleres e Cultura Urbana con actividades para público novo e familiar
  •  A Cidade da Cultura acolle do 3 ao 4 de setembro a segunda edición do atopo Mulleres e Cultura Urbana con actividades para público novo e familiar
  •  A Cidade da Cultura acolle do 3 ao 4 de setembro a segunda edición do atopo Mulleres e Cultura Urbana con actividades para público novo e familiar
  •  A Cidade da Cultura acolle do 3 ao 4 de setembro a segunda edición do atopo Mulleres e Cultura Urbana con actividades para público novo e familiar

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2021.-

A Cidade da Cultura de Galicia acollerá do 3 ao 4 de setembro a celebración do atopo Mulleres e Cultura Urbana, un evento impulsado por 7 H Cooperativa Cultural co apoio do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22 que procura fomentar o intercambio de experiencias, a creatividade colectiva e o espírito crítico na abordaxe das desigualdades de xénero no sector.

Esta segunda edición quere consolidar a iniciativa e convertela en referente iberoamericano na promoción da cultura urbana como patrimonio cultural contemporáneo desde unha perspectiva revolucionaria. Con ese obxectivo, desenvolve dúas xornadas de análises, exhibición e creación artística colectiva en clave de xénero ao redor da cultura urbana galega. O programa de actividades, dirixido tanto a profesionais do sector como ao público novo e familiar, combina propostas de experimentación creativa nos ámbitos do grafiti, a música, o baile e o deporte co diálogo, a reflexión e o intercambio de experiencias.

A primeira xornada terá lugar o venres 3 de setembro de 18,00 a 21,00 h no Auditorio 1 do Edificio Cinc. A análise colectiva das boas prácticas na organización de festivais e eventos no sector da cultura urbana centrará unha sesión de conversación que promove a reflexión destes foros como un punto de encontro propositivo. Na mesa-redonda participarán de maneira presencial as galegas Maite Parga, técnica de Turismo do Concello de Carballo e promotora cultural, e Clara R. Cordeiro, comisaria e cooperativista cultural. A través de medios virtuais súmanse á conversación a comisaria e investigadora brasileira Mariña Bortoluzzi e a arquitecta e mediadora comunitaria catalá Ninoska Juan. Moderada por Sara Alonso, a xornada conta colaboración da Rede Iberoamericana de Arte Urbana ( RIAU), conformada por entidades e profesionais procedentes de España, Portugal e América Latina.

A segunda xornada, o sábado 4 de setembro ás 17,00 horas, será a segunda edición de Delas Jam, un encontro de experimentación con spray destinado a xerar un espazo lúdico e seguro para a creación de artistas urbanas. O Xardín do Teatro do Gaiás volverá transformar nunha pequena galería de arte ao aire libre a través da instalación efémera de superficies de papel de celofán entre as árbores, sobre as que as participantes crearán as súas pezas. Carola Bagnato (Mar de Prata, 1990), Ira (Compostela, 1987), Killa Ek (Quito, 1991), Malicia (Barcelona, 1984), Sax (Vigo, 1980), Sphiza (O Porto, 1987) e Zurik ( Bogotá, 1990) son as sete artistas seleccionadas para participar na improvisación pictórica desta edición.

Como novidade, este ano a xornada incorpora novas actividades, dirixidas a fomentar unha maior e máis activa participación do público novo e familiar. Así, para facilitar a experimentación co spray, tamén se habilitarán espazos de iniciación ao grafiti, nos que especialistas na disciplina darán pautas e supervisarán ás participantes que queiran aproximarse á técnica. Igualmente, reservarase unha área para a creación colectiva onde poderán participar libremente todas as artistas que asistan á xornada.

A música tamén gañará presenza grazas á celebración dun taller de ritmos urbanos impartido por Jana Feeling, das 17,00 ás 18,00 horas, e á participación do combo galego de DJ Akazie e Russinha, que se encargarán de crear ambiente no recinto a partir das 18,00 horas. Para enriquecer a programación e incorporar os deportes urbanos á mesma, o encontro contará en paralelo coa I Jam feminina de skate, a partir das 18,00 horas. Finalmente, a xornada despedirase no escenario do anfiteatro coa actuación de Menina Arroutada a partir das 20,00 horas.

O programa en detalle e as ligazóns para a inscrición en cada unha das actividades están dispoñibles na web cidadedacultura.gal. Co fin de ampliar a proxección e difusión da actividade, o encontro emitirase en streaming na canle de Youtube de 7 H Cooperativa Cultural.


 
Tema: