Arias subliña o traballo da Xunta pola igualdade e a colaboración co conxunto de administracións e o tecido asociativo

Multimedia

 Arias subliña o traballo da Xunta pola igualdade e a colaboración co conxunto de administracións e o tecido asociativo

Lugo, 18 de marzo de 2022.-

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, destacou hoxe no IES Muralla Romana de Lugo o traballo do Goberno galego a prol da igualdade e pola erradicación da violencia de xénero, “que é a máxima expresión da desigualdade entre homes e mulleres”.

Arias participou nunha sesión informativa sobre a materia con alumnos e alumnas de 4º de ESO e subliñou “o papel fundamental que xoga a educación para avanzar no cambio de roles e nunha conciencia social que derrube os prexuízos e estereotipos que sosteñen a desigualdade”.

O delegado destacou “a colaboración do Goberno galego con outras administracións e entidades para dar apoio ás mulleres vítimas de violencia e aos seus fillos, ou para procurar recursos ás mulleres en situación de vulnerabilidade”. Así, sinalou que o pasado ano a Xunta achegou 95.000 euros ao Concello de Lugo para o funcionamento das vivendas tuteladas e do Centro de Información á Muller; tamén destinou 226.700 euros a programas de apoio a mulleres vítimas de violencia ou en risco de exclusión social que desenvolven no municipio entidades como Aliad-Ultreia, Cáritas ou Alar Galicia, e 305.000 euros para fomentar a contratación de 39 mulleres desempregadas a través do programa Emprega Muller.


 
Tema: