A andaina ‘Camiño ao respecto’ reúne milleiros de persoas en Santiago e de xeito virtual para amosar a unidade de Galicia fronte a violencia contra a muller

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participaron xunto con membros do Goberno galego na XI edición desta iniciativa

Na súa intervención, a conselleira avogou por unha Galicia que quere facer historia como terra libre de violencias machistas e exemplo de igualdade e diversidade

Convidou á sociedade a seguir a amosar as súas mensaxes de rexeitamento ante estereotipos machistas e mostras de inequidade todos os días do ano

  • A andaina ‘Camiño ao respecto’ reúne milleiros de persoas en Santiago e de xeito virtual para amosar a unidade de Galicia fronte a violencia contra a muller
  • A andaina ‘Camiño ao respecto’ reúne milleiros de persoas en Santiago e de xeito virtual para amosar a unidade de Galicia fronte a violencia contra a muller
  • A andaina ‘Camiño ao respecto’ reúne milleiros de persoas en Santiago e de xeito virtual para amosar a unidade de Galicia fronte a violencia contra a muller
  • A andaina ‘Camiño ao respecto’ reúne milleiros de persoas en Santiago e de xeito virtual para amosar a unidade de Galicia fronte a violencia contra a muller

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2023.-

Un ano máis, a andaina contra a violencia de xénero Camiño ao respecto organizada pola Xunta de Galicia congregou en Santiago de Compostela centos de persoas, que completaron o percorrido do Camiño de Santiago entre o Monte do Gozo e a praza do Obradoiro. A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, acompañadas de membros do Goberno galego, destacou na chegada a unidade demostrada pola sociedade galega para deixar patente o seu compromiso coa igualdade e coa eliminación de toda mostra de violencia contra a muller.

Ao camiño simbólico percorrido hoxe por un milleiro de mulleres e homes en Santiago uníronse de xeito virtual outras 8.000 persoas, que acompañan esta andaina desde os seus propios concellos e en datas próximas ao 25-N e comparten a súa experiencia nas redes sociais.

A Xunta de Galicia, está a asumir a responsabilidade de liderar o cambio para desafiar estruturas que perpetúan as desigualdades e fomentar unha cultura onde o respecto e a equidade sexan os cimentos para construír as nosas comunidades.

Tal e como destacou Rivo “ao termos cruzado xuntos esta meta simbólica, estamos a avanzar uns cantos milleiros de pasos na nosa loita colectiva contra a violencia de xénero”.

A representante autonómica convidou ás persoas congregadas no Obradoiro e a todas as galegas e galegos a seguir a camiñar xuntos, os 365 días do ano, para facer historia e construír un mañá máis igualitario para todas e todos. Galicia, dixo, “aspira a ser unha terra libre de violencias machistas e a ser exemplo de igualdade e de diversidade”.

A andaina é o colofón a unha semana de actos cos que a Xunta de Galicia está a reafirmar o seu compromiso contra a violencia de xénero. Unha semana na que o Parlamento de Galicia aprobou a nova Lei de igualdade efectiva de mulleres e homes, que sitúa a Galicia á vangarda na loita contra calquera discriminación contra a muller.

Este marco normativo inclúe medidas concretas contra as discriminacións múltiples das mulleres con discapacidade; promove a creación de espazos urbanos seguros, libres de violencia sexual e de acoso, e incidirá na erradicación de actitudes machistas e de calquera tipo de discriminación no eido da cultura e do deporte. Tamén se mellorará a formación das mulleres e fomentarase o emprego feminino por conta allea.

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, tamén compareceu estes días ante a Cámara galega a propia iniciativa para informar dos compromisos que o seu departamento mantén no eido da igualdade e para combater a violencia contra as mulleres. En 2024 incrementarase un 14,46% o orzamento para combater esta problemática, con 23,5 millóns de euros para -primeiramente- continuar habilitando prestacións económicas para as vítimas. Para avanzar na promoción da igualdade, investiranse 27 millóns de euros en 2024 para actuacións a desenvolver en colaboración cos concellos e coas organizacións do terceiro sector.