Coñecendo as nosas deportistas

O proxecto "Coñecendo as nosas deportistas" da Secretaría Xeral da Igualdade, pretende achegar unha serie de actividades, pequenas entrevistas e vídeos co obxectivo de coñecer a vida e opinións de mulleres referentes en distintas modalidades deportivas e visibilizar a situación da muller galega no deporte.

                                                                               Coñecendo as nosas deportistas. Coñece as deportistas da elite galega.

Este proxecto ten como finalidade difundir e visibilizar o papel que as deportistas galegas están a facer para avanzar na igualdade entre mulleres e homes en todos os eidos, de cara á eliminación dos estereotipos e as discriminacións que aínda persisten na sociedade.

É un proxecto dirixido a toda a sociedade e moi especialmente ás mozas e aos mozos de Galicia para promover a igualdade entre mulleres e homes.

Teresa Portela

Coñécea na seguinte unidade didáctica.

Competidora de K1, a distancia olímpica máis curta de piragüismo.

  • 5 xogos olímpicos e clasificada para os sextos.
  • 32 medallas entre campionatos mundiais e europeos.

Susana Rodríguez

Coñécea na seguinte unidade didáctica.

  • Gañadora e medallista en campionatos europeos e mundiais.
  • Olímpica en Río 2016 e clasificada para Tokio 2020.
  • Licenciada en Medicina e Fisioterapia.

Tamara Echegoyen

Coñécea na seguinte unidade didáctica.

  • Medalla de ouro nas olimpíadas de Londres 2012 en Elliot 6m.
  • Campioa europea e mundial en Elliott 6m.
  • Dúas veces campioa mundial en 49er FX.

Desirée Vila

Coñécea na seguinte unidade didáctica.

  • Gañadora de campionatos galegos e nacionais e participante en campionatos do mundo en categorías base de ximnasia deportiva.
  • Campioa de España en 100 metros e salto de lonxitude en categoría paralímpica.

Verónica Boquete

Coñécea na seguinte unidade didáctica.

  • Gañadora da liga europea de campioas.
  • Xogou nas mellores ligas do mundo.
  • Pertence ao movemento Common Goal. A través del doa o 1% do seu salario para financiar proxectos sociais na comunidade.