Margarita Salas

Margarita Salas (Asturias, 1938) é unha das figuras imprescindíbeis da historia da ciencia española. Esta bioquímica española, pioneira en investigación biomolecular, foi unha das poucas privilexiadas da súa época ao poder facer realidade o soño de adicarse ao que realmente lle apaixoaba.
Margarita Salas

Margarita Salas Falgueras (Asturias, 1938) é unha das figuras imprescindíbeis da historia da ciencia española. Esta bioquímica española, pioneira en investigación biomolecular, foi unha das poucas privilexiadas da súa época ao poder facer realidade o soño de adicarse ao que realmente lle apaixoaba.

Estudou na Universidade Complutense de Madrid e casou co xa finado Eladio Viñuela, tamén científico, co que viaxou a Nova York para adicarse á bioquímica e á bioloxía molecular. As súas aportacións á ciencia son moitas, destacando a súa investigación sobre enzimoloxía e os seus traballos sobre xenética. Conta con máis de 350 publicacións en revistas e libros internacionais e posúe 8 patentes, polo que o seu legado científico é considerado de gran relevancia no noso país.

Salas é membro, entre outras, da Real Academia de Ciencias Exactas Físicas e Naturais; da Real Academia Española; da Academia Europea de Ciencias e Artes; da American Society for Microbiology e da American Academy of Arts and Sciencies.

Ata o de agora recibiu numerosos recoñecementos, entre os que destacan o Premio Carlos J. Finley da UNESCO, o Rey Jaime I de Investigación, o Premio Nacional de Investigación Santiago Ramón y Cajal ou a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo. Tamén foi nomeada, en 1995, Presidenta do Instituto de España, cargo que ocupou ata o 2003.

É importante destacar que nunhas xornadas sobre muller e ciencia falou da situación actual da muller científica, facendo fincapé nos avances que estas están a acadar para lograr a igualdade. Como ela mesma apuntou, todavía queda un longo camiño por percorrer. 

Actualmente Margarita continúa cos seus traballos no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa, no que colaboran o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Universidade Autonóma de Madrid. Asi mesmo, é profesora vinculada “ad honorem” do CSIC.