Luz Casal Paz

Luz Casal Paz

A galega Luz Casal foi galardoada co Premio Nacional das Músicas Actuais, galardón que concede anualmente o Ministerio de Cultura. No seu fallo o xurado explicou que María Luz Casal Paz recibía o premio “porque coa súa calidez e a súa voz que se grava na memoria percorreu un camiño fértil que comezou polo rock e abrazou xéneros coma baladas e boleros, que ensancharon a súa traxectoria e chegaron a públicos diversos e a diferentes xeracións”.

Luz Casal naceu en Boimorto (A Coruña) o 11 de novembro de 1958, aínda que aos seis meses trasladouse a vivir a Asturias xunto á súa familia. Cursou estudos de piano, solfeo e canto.

En 1977, Luz Casal instalouse en Madrid co fin de continuar a súa carreira musical. No ano 1982 gravou o seu primeiro álbum, Luz. En 1986 ofertou máis de noventa concertos. En Alemaña gravou o tema The water is life , para unha campaña ecoloxista, con artistas coma Mark Knopfler. Os seus traballos son sempre exitosos, coma La Flor prometida (1995), disco co que vende máis de medio millón de copias, converténdose no de máis repercusión da súa carreira.

No ano 1999 Luz Casal obtén o Premio Ondas co tema Mi confianza. No ano 2001 concédeselle, xunto a Pablo Guerrero, o Premio Goya á mellor canción orixinal con Tu Bosque Animado, da película El bosque animado. Tres anos despois publica Sencilla alegría, no que inclúe Negra Sombra, o poema de Rosalía de Castro musicado por Juan Montes Capón que sería tema principal da película Mar adentro, de Alejandro Amenábar.

Ademáis, Luz Casal recibiu outros galardóns coma o Premio Rolling Stone a Una Vida de Rock en Novembro de 2011.