Iria Gómez

Iria Gómez

Iria Gómez é unha deportista natural de Pobra do Caramiñal nacida o 7 de xullo de 1991. Actualmente milita no equipo Racing Chapela e regresou do Campionato de España de natación para persoas con discapacidade física de 2016 con dúas medallas: unha prata en 200 metros costas e un bronce en 100 metros na mesma disciplina.

Comezou a adestrar co Club de Natación de Ribeira e co Racing Chapela comezou a participar en campionatos, acudindo por primeira vez ao campionato galego para persoas con discapacidade en 2012, regresando á súa localidade natal con tres medallas de ouro. Conseguiu o 50 metros costas, 50 crol e entrou de primeira no relevo de 4x50 libres co Club Racing Chapela co que competiu. Tamén participou na competición Special Olimpics na que logrou varios ouros.

A nadadora galega acumula xa máis dunha decena de medallas nos campionatos de natación para persoas con discapacidade e conságrase como un exemplo de dedicación e paixón polo deporte.