Inmaculada Paz Andrade

Inmaculada Paz Andrade (Pontevedra, 1928). É a primeira muller catedrática de Física da Universidade de Santiago de Compostela e destaca, entre outros moitos méritos, por ter introducido en España os estudos de Microcalorimetría, converténdose nunha referencia a nivel mundial como especialista en Microcalorimetría, Termoxéneses e Análise Térmico Diferencial.

É Doutora en Física e catedrática de física aplicada na Universidade de Santiago de Compostela. Ampliou os seus estudos e colaborou en investigacións na Universidade de Manchester (Reino Unido) e no Centre National de la Recherche Scientifique, CNRS (Francia).

En 1999 comezou a desenvolver proxectos de investigación relacionados cos incendios forestais, creando o grupo THOR para elaborar ferramentas informáticas para a loita integral contra os lumes.

No campo da divulgación científica e da formación académica, é autora de máis de duascentas publicacións científicas e dirixiu máis de corenta teses doutorais.

Foi a primeira muller en recibir o Premio María Josefa Wonenburguer Planells no ano 2017, que concede o goberno gallego dende ese ano a través da Unidade de Muller e Ciencia e recentemente foi nomeada doutora ‘honoris causa’ da Universidade de Vigo.