Eva Castro

Mellor ciclista galega 2011

Eva Castro (Oleiros, A Coruña, 1977) foi designada mellor ciclista galega do ano 2011 polo seu brillante palmarés, con éxitos nacionais en BMX e descenso, no Open e en distintos campionatos de España.

A designación tivo lugar no trascurso da Gala do Ciclismo Galego, celebrada o 12 de febreiro en Cambados (Pontevedra), na que se premiaron as traxectorias ciclistas máis destacadas durante o pasado ano, en todas as modalidades.

Entre outros logros deportivos, Eva Castro proclamouse en 2011 campiona de España de fourcrós e subcampiona nacional na modalidade de descenso.