Eugenia Osterberger

Eugenia Osterberger

Eugenia Osterberger foi unha compositora e pianista compostelana, nacida en Santiago en 1852. Foi unha figura relevante no panorama musical e cultural de Galicia no último tercio do século XIX. Instalada en A Coruña, baixo o nome de Mme. Saunier, apelido que tomou do seu marido, firmou partituras que publicaba Canuto Barea, pero que tamén se implimían en Madrid e París. Relacionábase con Emilia Pardo Bazán, coa comisión que promoveu a creación da Real Academia Galega, da que chegou a ser membro correspondente. En 1907 mudouse á Costa Azul francesa, onde se lle perde a pista e Osterberger e Saunier caen no esquecemento. Ademais da súa producción musical Mme. Saunier participou en iniciativas de dignificación da cultura galega e foi académica correspondente da RAG dende o ano fundacional.

A Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia quixeron recuperar a figura da compositora Eugenia Osterberger e a súa contribución ao patrimonio musical galego. Para elo organizaron unha charla-concerto sobre a biografía e o legado musical desta artista galega do século XIX da man de Rosario Martínez e Beatriz Lópex Suevos, que teñen realizado traballos de investigación sobre a compositora.

Contribución á creación musical galega

A obra de Mme. Saunier e a súa contribución á consolidación da música culta de raíz galega é aínda unha gran descoñecida para o público galego, pero tamén para os intérpretes e estudos actuais. As súas composicións fíxanse en dous repertorios: o de piano solista, con pezas líricas e bailes de salón, e as cancións ou melodías galegas para voz e piano, nas que mostra o seu interese e compromiso co valor do patrimonio popular, da lingua e da cultura propias. Estas composicións contribuíron á creación dun legado musical galego no ámbito culto, onda o amplo repertorio de autores recoñecidos como Marcial del Adalid, Xoán Montes, Xosé Castro Chané, José Baldomir, Andrés Gaos ou Enrique Lens.