Cristina Pato

Cristina Pato (Ourense, 1980) é unha música galega residente en Nova York desde o ano 2004. A Xunta de Galicia outórgalle a Medalla Castelao 2017, unha distinción a aquelas galegas e galegos cunha obra merecedora do recoñecemento de toda Galicia.
Cristina Pato

Cristina Pato (Ourense, 1980) é unha música galega residente en Nova York desde o ano 2004. É titulada superior en Teoría da Música, Transporte e Acompañamento, Piano e Música de Cámara polo Conservatorio Superior de Música do Liceo de Barcelona. Ademais, realizou un máster en Artes Dixitais na Pompeu Fabra e é doutora con honores en Artes Musicais en Piano Colaborativo na Universidade Rutgers (Estados Unidos).

Destaca por ser a primeira gaiteira galega en publicar, con tan só 18 anos, un disco en solitario (Tolemia, 1999) para, posteriormente, publicar outros seis como gaiteira e dous como pianista.

Ten dado máis de catrocentos concertos polo mundo enteiro: España, India, Portugal, Reino Unido, Alemaña ou Estados Unidos. Ademais, recentemente fixo historia ao ser merecedora dun Premio Grammy xunto con Silk Road Ensemble, a banda coa que colabora na actualidade en Nova York.

Este ano a Xunta de Galicia outórgalle a Medalla Castelao 2017, unha distinción a aquelas galegas e galegos cunha obra merecedora do recoñecemento de toda Galicia.