Carmen García Mateo

Carmen García Mateo, catedrática de Enxeñería en Telecomunicación e gañadora este ano do premio “María Josefa Wonenburger”
Carmen García Mateo

Este ano o Pleno da Unidade de Muller e Ciencia designou á catedrática de Enxeñería de Telecomunicación Carmen García Mateo como nova galardoada co Premio ‘María Josefa Wonenburger’.

Carmen García Mateo é catedrática de Teoría do Sinal e Comunicacións na Universidade de Vigo. Licenciouse no ano 1987 na Universidade Politécnica de Madrid e doutorouse en 1993 cunha tese sobre “Técnicas de Representación do Espectro en Codificación de Voz e Baixa Velocidade”.

Dende principios dos anos noventa traballa como profesora titular na Escola de Enxeñería de Telecomunicación, na Universidade de Vigo, onde tamén ten desempeñado o cargo de vicerreitora de Titulacións e Converxencia Europea, entre os anos 2006 e 2010. Así mesmo, ten participado en importantes publicacións científico-técnicas e multitude de proxectos de I+D; e é socia fundadora da Sociedade Española para a Acústica Forense, SEAF.