Begoña Vila Costas

Begoña Vila é unha astrofísica galega especializada no estudo de galaxias espirais. Traballa en Washington no primeiro centro de voo espacial da NASA.
Begoña Vila

Begoña Vila Costas (Vigo, 1963) é unha astrofísica galega especializada no estudo de galaxias espirais. Na actualidade traballa en Washington DC como enxeñeira de sistemas no centro de voo espacial Goddard, o primeiro centro de voo espacial da NASA.

Estudou astrofísica na Universidade de Santiago de Compostela e no Instituto de Astrofísica de Canarias entre os anos 1981 e 1986, para despois doutorarse no Centro Jodrell Bank para Astrofísicos da Universidade de Manchester en 1989.

Ademais, traballou para a Axencia Espacial Canadiense no deseño e construcción do Fine Guidance Sensor (FGS), o sensor do famoso telescopio espacial James Webb. O FGS foi entregado á NASA en 2012, momento no que decidiron contratala. Un ano despois, Vilas foi nomeada ‘FGS lead systems engineer’, ou o que é o mesmo: a persoa de referencia na toma de decisións en relación ao sensor.

Tamén é membro de ECUSA-DC, a asociación que engloba á comunidade científica española das áreas de Washington DC, Maryland e Virginia.

Pero se por algo destaca a astrofísica viguesa é polo recoñecemento que recibiu o pasado ano da man da NASA, xa que en setembro de 2016 foi condecorada coa medalla ao “Logro Público Excepcional” (“Exceptional Public Achievement”). A razón, “os anos de logros excepcionais e liderazgo no deseño, desenvolvemento e probas do FGS”. E non é para menos, pois cando o James Webb sexa lanzado ao espazo, o próximo 5 de outubro de 2018, o FGS permitirá analizar exoplanetas e coñecer como se formaron as primeiras estrelas e galaxias logo do Big Bang.