Ángela Ruiz Robles (1895-1975)

Ángela Ruiz Robles

Foi unha mestra, escritora e inventora do que se considera o primeiro libro electrónico.

Realizou os seus estudios superiores na Escola de Maxisterio de León, onde impartiu as súas primeiras clases de taquigrafía, mecanografía e contabilidade mercantil entre 1915 e 1916. En 1918 obtivo praza de mestra en Santa Euxenia de Mandia, preto de Ferrol. Durante a súas estancia na localidade, recibiu das súas veciñas e veciños a distinción especial polos seus indiscutibles méritos en agradecemento á súa dedicación e atención desinteresada.

Entre 1938 e 1946 centra a súa carreira en escribir, dar conferencias, ademais de editar e reeditar a maior parte da súa obra científica, un total de dezaseis libros.

En 1944 realizou un proxecto do atlas científico-gramatical, coa finalidade de dar a coñecer España con gramática, sintaxe, morfoloxía, ortografía e fonética. Despois realizou o proxecto da máquina taquimecanográfica. En 1949 crea a primeira proposta de enciclopedia mecánica, patentada con data 7 de decembro de 1949, segundo a patente núm. 190.698. En 1962 realizase o prototipo da enciclopedia mecánica, construído no Parque de Artillería de Ferrol, sendo ela mesma quen dirixe os traballos. Desde o 2006, a enciclopedia formou parte da Exposición do Museo Pedagóxico de Galicia en Santiago de Compostela ata o 4 de maio de 2012, que pasou á Exposición permanente do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña.