Ángela Rodicio

Premio internacional de xornalismo Maria Grazia Cutuli

A xornalista galega Ángela Rodicio ven de ser galardonada co Premio Internacional Maria Grazia Cutuli na categoría de Prensa Extranxeira, que outorga, entre outros, o grupo Rizzoli-Corriere della Sera, en memoria da xornalista asasinada en Afganistán.

O xurado destaca entre os méritos da galardoada  "a enerxía, o orgullo, a paixón e a modestia da profesional de raza que non se resigna a deixarse domesticar" e que "é un claro exemplo da máis auténtica figura do enviado especial".

Ángela Rodicio recibirá o premio a mediados de novembro en Catania, cidade da que era orixinaria Cutuli, a xornalista do diario Il Corriere della Sera asasinada en Afganistán en 2001 xunto a outros tres profesionais, entre eles Julio Fuentes, corresponsal de El Mundo.