Andrea Magán, Susana López, Tays Ferrer e Macarena Arcay

Andrea Magán, Susana López, Tays Ferrer e Macarena Arcay

Andrea Magán, Susana López, Tays Ferrer e Macarena Arcay son catro alumnas da Escola Universitaria de Deseño Industrial de Ferrol (EUDI) que lograron o terceiro posto no concurso máis importante de proxectos de aeronaves non tripuladas para usos civís: Drones for Good, organizado por Emiratos Árabes.

O único equipo formado íntegramente por mulleres e estudantes converteuse na sensación da fase final do concurso, a cal acadaron tras superar a máis de 140 prototipos. O éxito chegou da man do que elas denominaron “Dronlife” (Dron salvavidas) para o transporte de órganos ou de mostras de laboratorio.

O Dronlife amosouse xa en conferencias xunto a proxectos de Microsoft ou Google. E no concurso de Drons for Good conseguiu ese excelente terceiro posto derrotando a 147 equipos dende a fase inicial.

Nesta competición o equipo ferrolano mesmo superou a un proxecto impulsado pola NASA e a outro realizado na Universidade de Oxford. Andrea Magán, Macarena Arcay, Susana López e Tays Ferrer conseguiron deixar a ese proxecto norteamericano na cuarta posición co seu proxecto realizado na universidade pública galega.