Baixo o lema 'Que farías ti?', ACADAR e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade presentamos esta campaña na que a partir de experiencias contadas por usuarias da asociación ACADAR construímos historias interactivas que buscan reclamar a implicación social a través do formato audiovisual.
No proceso de creación da campaña participaron máis de trinta persoas, co obxectivo de dar a coñecer e proporcionar ferramentas para a prevención a través de catro pezas audiovisuais. Cada unha das pezas de vídeo presentada narra as experiencias vividas por mulleres usuarias da asociación ACADAR, que nalgúns casos convértense nunha soa voz, e noutros en voces diversas. Son catro historias diferentes con guións que xorden de encontros e obradoiros realizados con mulleres con discapacidade e que se encargaron de levar ao audiovisual as directoras Noemi Chantada, Lucía Vilela, Mar Catarina e Xiana do Teixeiro.
Coñece o proxecto: Descubre a nosa realidade!