O Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades colabora coa Secretaría Xeral da Igualdade para impartir unha nova edición dos “Talleres de Programación Creativa en Igualdade” en centros educativos públicos galegos.
Para participar nestes talleres daráselles preferencia a aqueles centros educativos que participen no Programa Donas de Si, durante o curso académico 2017-2018, do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Durante o mes de abril terán lugar sete talleres nos seguintes centros educativos:
Ceip Plurilingüe de Lousada (Guntín)- xoves 19 de abril
Ies Ánxel Fole (Lugo)- venres 20 de abril
Cpi Plurilingüe Virxe Da Cela (Monfero)- luns 23 de abril
Cpi Aurelio Marcelino Rey Garcia (Cuntis)- martes 24 de abril
Ies Maximino Romero de Lema (Zas) -mércores 25 de abril
Ceip de Mosteiro- Bembrive (Vigo)- xoves 26 de abril
Ceip Princesa de España (Verín) -venres 27 de abril
http://www.inmujer.gob.es/areasTematicas/SocInfo/Programas/Diana.htm
https://www.youtube.com/watch?v=ugAy_wxrtR4&list=PLIdOa4FWXTfR0y7Fg99GWWKd7rxNCPXF2