Programa ATENEA 2018: "Taller de confianza e seguridade das mulleres na rede"

O Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade e as Asociacións de Mulleres, vai a desenvolver catro talleres cofinanciados polo Fondo Social Europeo en Galicia, no marco do programa ATENEA. 

Os talleres teñen como finalidade promover a participación das mulleres na Sociedade da Información, aumentando a súa confianza e seguridade no uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación tendo en conta os posibles riscos que poden atoparse na Internet e incluíndo unha serie de recomendacións e consellos para previlos.

As novas tecnoloxías poden achegar á sociedade no seu conxunto, á poboación en xeral e ás mulleres en particular, múltiples oportunidades e beneficios, non obstante tamén xorden novos riscos. Como en moitos outros ámbitos, as mulleres presentan maior vulnerabilidade a algúns destes riscos: as fendas dixitais de xénero poden dificultar o acceso ao emprego, á formación ou á información en xeral, ou aparecer novos riscos de sufrir violencia de xénero.

Os datos estatísticos amosan, en relación coas fendas dixitais de xénero no acceso e uso das novas tecnoloxías, unha tendencia a reducirse. Non obstante, seguen existindo diferenzas no uso do comercio e banca electrónica, as descargas de software ou a percepción sobre a seguridade na rede.

Lugares de realización:

Asociación Rederas O Fieital de Malpica de Bergantiños:

  • 23 de abril de 2018 de  10:00 h a 14:00 horas, na Casa do Oleiro (Buño, Malpica de Bergantiños, A Coruña)

Asociación Cultural Mulleres do Mar de Poio:

  • 24 de abril de 2018  de 10:00 h a 14:00 horas,  no Multiusos Xaime Illa en Raxo (Poio, Pontevedra)

Asociación de Mariscadoras Virxen do Carmen de Arcade (2 edicións):

  • 11 de maio de 2018 en horario de mañá 10:00 h a 14:00 h e pola tarde en horario de 16:00 a 20:00 horas , no Multiusos de Arcade (Soutomaior, Pontevedra)

Metodoloxía de traballo:

As sesións desenvolveranse seguindo unha metodoloxía participativa transversalizando o enfoque de xénero en todo o proceso. Realizaranse diferentes actividades co propósito de que as participantes consigan descubrir conceptos básicos sobre a seguridade na rede. Propiciarase a realización de casos prácticos que faciliten a aprendizaxe mediante a reflexión grupal.

Obxectivos:

Capacitar as mulleres para un uso responsable e seguro na rede.

Datas e lugares de realización:

ENTIDADE

DATA

LUGARES DE REALIZACIÓN

Asociación Rederas O Fieital de Malpica de Bergantiños

23/04/201 (luns)
10:00 A 14:00

Casa do Oleiro (Buño, Malpica de Bergantiños, A Coruña)

Asociación Cultural Mulleres do Mar de Poio

24/04/2018 (martes)
10:00 A 14:00

Multiusos Xaime Illa en Raxo (Poio, Pontevedra)

Asociación de Mariscadoras Virxen do Carmen de Arcade  

11/05/201 (venres)
10:00 A 14:00

Multiusos de Arcade (Soutomaior, Pontevedra)

Asociación de Mariscadoras Virxen do Carmen de Arcade  

11/05/201 (venres)
16:00 A 20:00

Multiusos de Arcade (Soutomaior, Pontevedra)

Tema: