Plan Proxecta: Programa Donas de Si

O programa "Donas de si" ten como obxectivo principal a visibilización e posta en valor da participación e produción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social, artístico, científico e cultural e se supere a visión tradicional que presenta as súas achegas como puramente anecdóticas ou secundarias. Para conseguilo propón realizar unha aproximación de conxunto, que teña en conta a variable de xénero, a figuras relevantes (atendendo especialmente as figuras esquecidas ou ocultas) da nosa historia para construír e divulgar a memoria histórica feminina de Galicia.

O traballo dos centros neste programa pódese centrar nos seguintes aspectos:

  • recoñecer os valores e as achegas das mulleres á innovación cultural, científica e intelectual e situalas nos contextos que lles tocou vivir para poder descubrir aspectos esquecidos e mais para axudarnos a comprender máis profundamente o que significaron.
  • coñecemento e divulgación de mulleres relevantes na historia.
  • coñecemento e divulgación de mulleres relevantes na actualidade.
  • coñecemento e divulgación do labor das mulleres do contorno do alumnado.

APOIO Ó PROFESORADO:

Material didáctico: 

Poderase utilizar o material didáctico elaborado pola Secretaría Xeral de Igualdade:

1. Unidades didácticas:

2. Guías coeducativas: 

3. Dicionario sobre coeducación

4. Linguaxe coeducativa:

Cursos profesorado:

O profesorado participante neste programa, de estar interesado, terá preferencia para participar nos cursos formativos:

  • “Estratexias para a promoción da igualdade no ámbito educativo”
  • “Orientación, titoría e construción da identidade libre de estereotipos de xénero”

Ambos os dous incluídos dentro das actividades de formación do profesorado realizadas a través da Plataforma PLATEGA.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS:

  • Maletas viaxeiras: a Secretaría Xeral de Igualdade e a Rede de Formación disporán de maletas viaxeiras con publicacións de interese para traballar a temática  da igualdade en infantil/primaria e secundaria/bacharelato.
  • Exposición de fotos premio "Maria Josefa Wonenburguer".  Este premio intenta recoñecer a mulleres  que dedican a súa vida profesional a algún campo específico da ciencia ou da tecnoloxía, mulleres que souberon adiantarse ao seu tempo e que abriron e abrirán camiños a moitas outras.
 
Tema: 
Contido: