Mocidade contra a violencia de xénero

Proxecto de cooperación DCI-NSAED/2012/304-689

O Proxecto e os seus obxectivos

A violencia de xénero está estreitamente ligada a un modelo cultural hexemónico baseado no machismo. A loita contra a violencia de xénero non pode prescindir das accións de apoio aos cambios culturais, sobre todo nos grupos de idades máis novas, polo que ten a que ver co enfoque de xénero e a sexualidade. O proxecto Mocidade contra a violencia de xénero proponse contribuír á redución da violencia de xénero a través da mellora dos coñecementos e competencias de grupos de mozos e mozas pertencentes a centros xuvenís, escolas de ensino medio e grupos xuvenís activos no seu territorio, sobre asuntos relacionados coa defensa dos dereitos humanos e o desenvolvemento.

O obxectivo xeral do proxecto é o de incrementar a conciencia sobre a violencia de xénero da sociedade civil empezando polos mozos e mozas, a fin de non limitar o debate sobre os medios para combater a violencia só a pequenos grupos, co risco de auto-referencialidade. Evitar a hexemonía, xeral ou parcial, e ampliar a discusión e as achegas sobre as mellores accións de sensibilización contra a violencia de xénero, é unha das premisas principais desta proposta. Outro elemento crave é mellorar as habilidades dos mozos e mozas para contribuír a fortalecer o protagonismo e as posibilidades deles e delas de influír na comunidade.

En particular o proxecto proponse de lograr dous obxectivos específicos a fin de apoiar a prevención da violencia:

1. Sensibilizar as/os mozos das escolas e de grupos informais, a través dun método de Peer Education (educación entre iguais) sobre modelos de masculinidade e discriminación de xénero (ano 2013-2014), violencia contra as mulleres (ano 2014-2015), e violencia contra a persoas LGBT (ano 2015-2016).

A iniciativa consta de tres niveles sucesivos: sensibilización, educación, formación.

O proceso consistirá nunha primeira fase de formación deseñada pola Xunta de Galicia para 10 persoas seleccionadas a través das asociacións xuvenís. Esas 10 persoas formaranse como educadores/as contra a violencia de xénero e serán posteriormente os multiplicadores e difusores da campaña de sensibilización a través da formación que eles mesmos impartirán a outros mozos e mozas no ámbito educativo.

2. Desenvolver campañas de sensibilización da opinión pública: actividades prácticas de co-planificación participativa dos socios e dos mozos e mozas.

Desenvolveranse tres campañas específicas sobre: masculinidade positiva (ano 2013); loita contra a violencia cara ás mulleres (ano 2014); loita contra a violencia cara ás persoas LGBT (ano 2015). As campañas serán planificadas polos mozos e mozas participantes no proxecto e difundiranse a través das canles de comunicación institucional dos países socios. As campañas serán divulgadas en Italia, España e Romanía; a divulgación nos países extra-europeos será a cargo dos socios. En Brasil, dada a súa magnitude, o SESI proporcionará o apoio institucional para a divulgación das campañas a través de 3.000 oficinas locais.

Ámbitos temáticos:

  • «INCREMENTAR O PROTAGONISMO JUVENÍL»: Fortalecemento dos coñecementos e competencias da mocidade. O primeiro compoñente temático céntrase no fortalecemento das competencias dos mozos e mozas a través de cursos de capacitación sobre a Peer Education (educación entre iguais). 
  • «XÓVENES XUNTO CON XÓVENES»: Fortalecemento da educación formal e informal dos mozos e mozas das escolas e centros xuvenís a través de capacitacións entre pares (Peer Education).
  • «A MOCIDADE E A SOCIEDADE»: Mellorar o diálogo e as oportunidades para a mocidade de influír nos procesos de toma de decisión e na conciencia cívica da súa comunidade.

Duración do proxecto 

O proxecto ten unha duración de 36 meses, rematando en marzo de 2016.

Socios do proxecto

  • Città di Torino (Italia) 
  • Città di Collegno (Italia) 
  • Comune di Genova (Italia) 
  • ISCOS Piemonte Ong (Italia) 
  • Municipiul Baia Mare (Rumania) 
  • Municipiul Bucuresti –Directia Generala de Asistenta Sociala (Rumania) 
  • Asociatia Caritas Bucuresti (Rumania) 
  • Xunta de Galicia (España)
  • FAMSI –Fondo Andaluz de Municipios para la Solidaridad Internacional (España) 
  • Câmara Municipal da Praia (Cabo Verde) 
  • Conselho Municipal de Maputo (Mozambique)
  • PRODES Ong (Mozambique) 
  • Prefeitura Municipal de Fortaleza (Brasil) 
  • Prefeitura Municipal de Várzea Paulista (Brasil)