Escola para profesionais da igualdade 2013

A Secretaría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, presenta, no marco da Escola para profesionais da igualdade, unha nova convocatoria de accións formativas on-line dirixidas ao persoal técnico dependente das administracións locais galegas.

 Esta terceira edición segue a responder, en primeiro lugar, á necesidade de actualización continuada e permanente dos coñecementos profesionais do persoal de centros e recursos en materia de igualdade. Pero ademais persegue contribuír a fortalecer a introdución da perspectiva de xénero en diferentes ámbitos da xestión municipal, potenciando e elevando as capacidades e destrezas do persoal doutras áreas clave para a igualdade entre mulleres e homes co obxectivo de  fomentar un traballo interdisciplinar que permita prestar unha atención de carácter integral ás persoas usuarias. Por este motivo, nesta terceira edición poderán tamén participar, en determinadas accións formativas, os/as profesionais que están a traballar no ámbito dos servizos sociais e do emprego.

 As accións formativas que se ofertan nesta terceira edición son:

 

Acción formativa

Persoal destinatario

Datas previstas de inicio/fin

ÁREA DE PROMOCIÓN DE IGUALDAD

Xénero e discapacidade

 

 

Persoal dos Centros de Información ás Mulleres e da área dos Servizos Sociais dependentes da Administración Local.

2 de maio 2013

5 de xullo 2013

Vías de igualdade para o emprendemento: a empresa cooperativa

Persoal dos Centros de Información ás Mulleres dependentes da Administración Local, Axentes de emprego e desenvolvemento local

setembro 2013 novembro 2013

ÁREA DE PREVENCIÓN E TRATAMENTO DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Discapacidade e violencia de xénero

 

Persoal dos Centros de Información ás Mulleres e da área dos Servizos Sociais dependentes da Administración Local.

outubro 2013

decembro 2013

Impacto da violencia de xénero en nenos, nenas e adolescentes

Persoal dos Centros de Información ás Mulleres e da área dos Servizos Sociais dependentes da Administración Local.

2 de maio 2013

5 de xullo 2013

A trata de persoas con fins de explotación sexual.

Persoal dos Centros de Información ás Mulleres e da área dos Servizos Sociais dependentes da Administración Local.

setembro 2013

novembro 2013

 


A realización completa do curso, superando con aproveitamento as actividades e as probas de avaliación propostas, dará dereito a unha certificación acreditativa expedida conxuntamente pola Secretaría Xeral da Igualdade e a Escola galega de Administración Pública (EGAP).
Cada unha das accións formativas propostas ten  60 horas de duración e inclúe titorías especializadas para o seguimento do alumnado e para a resolución de dúbidas.No desenvolvemento deste programa de formación cóntase coa colaboración da Escola Galega de Administración Pública, así como tamén con especialistas en cada unha das materias que se van abordar.

Os prazos de realización das probas serán os que se indiquen para cada acción formativa, non admitíndose causa ningunha de xustificación para a realización das probas propostas fóra dos ditos prazos.

A quen vai dirixida a formación?

A Escola de Profesionais da Igualdade está dirixida a todo o persoal que traballa nos centros e recursos en materia de igualdade, dependentes das administracións locais galegas e, de ser o caso, ao persoal que especificamente se indica en cada curso.

Que titulacións son necesarias para participar?

Para poder participar nos cursos haberá que acreditar estar en posesión de calquera licenciatura, diplomatura ou grao universitario.

Cal é o prazo de matrícula?

O prazo de matricula para as cinco accións formativas será dende o 15 ata o 22 de abril de 2013.

Número de prazas?

O número de prazas para cada acción formativa será de 100.

No caso de que as solicitudes por curso superen as posibilidades de admisión, as prazas outorgaranse por rigorosa orde de inscrición e tendo prioridade o persoal dos Centros de Información ás Mulleres.

Como rexistrarse na plataforma de teleformación?

Rexistrarse é moi sinxelo. Só hai que entrar na plataforma de teleformación da Escola Galega de Administracións Públicas (EGAP) e introducir os datos persoais. O enlace para facelo é https://egap.xunta.es/matricula/login.php

Que debes facer para matricularte?

Unha vez rexistrados os datos na plataforma de teleformación da EGAP hai que matricularse na acción formativa que se desexe cursar.

Aqueles/as profesionais que non pertenzan aos Centros de Información ás Mulleres, unha vez realizada a súa inscrición e no prazo dos dous días hábiles seguintes, deberán remitir á Secretaría Xeral da Igualdade documentación acreditativa da súa condición de persoal dos servizos sociais ou da área de emprego e desenvolvemento da correspondente entidade local, indicando o título do curso ou cursos nos que se teñan matriculado. Esta documentación enviarase coa referencia "ESCOLA PROF. DA IGUALDADE" vía fax (981957690) ou mediante documento escaneado por correo electrónico ao enderezo seguinte: promocion.igualdade@xunta.es,.

Que ferramentas estarán dispoñibles para o alumnado?

Xunto coa Plataforma de Teleformación da EGAP, a Escola para profesionais da igualdade disporá dun servizo de titoría de carácter persoal e individualizado ideado para lograr un mellor proceso formativo e adaptado á dispoñibilidade de tempo de cada participante. O servizo de titorización inclúe:

Enderezo electrónico do servizo de titorías

Liña de teléfono 900 (gratuíta) en horario de 9:00 a 19:00 horas

Foro e chat co alumnado