Día da Cooperación Europea 2017

 O Día da Cooperación Europea (EC DAY) celebra os beneficios e logros da Cooperación Territorial a través de diversos eventos na Unión Europea. Esta iniciativa da Comisión Europea, organizada en colaboración co INTERACT, e na que o Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) xa participara en anteriores edicións, terá lugar en torno ao 21 de setembro.

Baixo o lema "Compartir fronteiras, crecer xuntos", os 93 programas de cooperación, entre eles o programa España-Portugal (POCTEP), organizan eventos locais creativos que implican á cidadanía europea e mostran os resultados dos 30.000 proxectos realizados desde o comezo da iniciativa Interreg hai 20 anos.

Interreg é un instrumento que pretende diluír as fronteiras e achegar a cidadanía, resolvendo problemas comúns. Xunto co coñecemento e os recursos, a Cooperación Territorial Europea axuda a reforzar a atención sanitaria, a educación, a protección do medio ambiente, o patrimonio, as economías locais, os transportes, etc.

Promocionemos o Día da Cooperación Europea 2017 - EC DAY/POCTEP!