Convocatoria para a participación no proxecto Fomento do Emprendemento Feminino, a Innovación das PEMEs e Emprendedoras Galegas e a Plataforma de Emprendemento Feminino

Esta convocatoria ten por obxecto a participación no proxecto Fomento do Emprendemento Feminino, a Innovación das PEMEs e Emprendedoras Galegas e a Plataforma de Emprendemento Feminino.

Este programa é desenvolvido pola Fundación EOI e a Secretaría Xeral da Igualdade.

O obxecto da operación é potenciar e fortalecer ás emprendedoras galegas e PEMES, a iniciativa empresarial feminina e o emprendemento innovador feminino en Galicia. En concreto, con carácter xeral, o obxectivo céntrase en realizar unha análise e diagnose do estado de situación das emprendedoras e PEMES e do emprendemento feminino de Galicia e contribuír ao seu desenvolvemento a través de accións de consultoría e mediante o desenvolvemento dunha plataforma con posibles diferentes funcionalidades e de comercialización de produtos con orixe en mulleres emprendedoras e innovadoras galegas: “Plataforma de Emprendemento Feminino”, a través de diferentes iniciativas vertebradas arredor das oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías, impulsando tamén a innovación e competitividade e ofrecendo servizos de valor ás mulleres emprendedoras.

A través de consultorías individualizadas realizaranse as seguintes accións:

  • Analizarase o modelo de negocio de cada empresa, identificación dos procesos de negocio críticos para a mellora da produtividade nas mesmas.
  • Concreción das solucións tecnolóxicas de alto impacto nos procesos de negocio críticos identificados.
  • Análise do mercado de provedores de tecnoloxía e dos produtos que se axustan ás características funcionais.
  • Implementación destas solucións en materia de I+D+i nas empresas participantes como modelo de mellora da súa actividade empresarial.
  • Acompañar ás PEMES beneficiarias no despregamento da Plataforma, axudándoas a comercializar os seus produtos.
Inscrición en: emprendedorasgalicia@eoi.es   Información no teléfono: 670 505 731


O prazo límite de presentación de solicitudes remata o vindeiro 31 de outubro de 2014.

Podes consultar todos os detalles na páxina da Escola de Organización Industrial (EOI)